Tuesday 17 de September de 2024

Os bombeiros interveñen nun accidente con dúas persoas feridas na AC-552, á altura do concello de Vimianzo


Os bombeiros do parque Comarcal Provincial de Cee tiveron que intervir, á tarde, nun accidente que se produciu no punto quilométrico 72 da AC-552, á altura do lugar de Vilaseco, no concello de Vimianzo.

Na intervención víronse involucradas dúas persoas que resultaron feridas, e posteriormente trasladadas ao hospital Virxe da Xunqueira.

O operativo realizou tarefas de limpeza e señalización.